viernes, 16 de enero de 2015

E os gañadores son...!!!

Todos temos un libro favorito e gústanos saber cal é o dos nosos lectores. Por iso, cada ano promovemos nas nosas bibliotecas a Elección do Libro do Ano, daquela obra editada no ano que finaliza e que os nosos lectores distinguen como a súa preferida.




Os libros que máis gustaron entre os participantes foron os seguintes:
  • Infantil:   A serie "Diario de Greg" na Axencia Municipal de Lectura de Chapela e, un empate! na Biblioteca de Redondela entre o conto inspirado na curtametraxe "Cuerdas" e a serie de banda deseñada "Parvaterra". Por certo, por aquí que somos moi afeccionados aos cómics estamos encantados de que por segundo ano consecutivo a banda deseñada estea presente entre os gustos de nosos máis novos lectores

Gañadores no sorteo (que levan o libro máis votado na biblioteca na que participaron):
  •  Adultos: Xurxo Ojea Docampo e Rocio Gallego Domínguez
  •  Infantil/Xuvenil: Iago García Araújo e David Villar Piñeiro
Noraboa aos premiados, e grazas a todos por participar!

- A nova en "Cousas de Redondela"
- A nova en Radio Redondela.

No hay comentarios: