A finais de Xaneiro 
botou a andar un proxecto que ás bibliotecas municipais de Redondela nos enche 
de ledicia: a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela. Dita asociación é unha entidade independente da 
biblioteca, e naceu como iniciativa dun grupo de usuarios das bibliotecas 
municipais, co obxectivo de promover a labor destas e das súas actividades, así 
como o de achegar a cultura e mais a lectura á cidadanía.
Co fin de abrirse á 
participación, a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, convoca a todas as persoas interesadas a asistir a unha asemblea aberta na que darse a coñecer. Será este 
venres, 23 de xaneiro, ás 20:30 h., na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de 
Redondela (Multiusos da Xunqueira). Na reunión tratarase así mesmo 
sobre a elección do candidato a presentar pola asociación a "Persoeiro do ano 
2015".
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario