No club de
lectura de Redondela o pasado venres soou o timbre
para volver ás aulas. Alí, entre libros encontramos ao profesor Stoner, quen xentilmente nos serviu de guía, ofrecendo o
seu particular visión sobre a vida e a literatura. Con trazo firme John Williams, cunha escritura precisa e elegante, vai
debullando as vicisitudes da traxectoria vital deste académico, quen en pequenas
e grandes batallas vai forxando o seu carácter ata compoñer, en conxunto, un
personaxe excepcional.
En suma, e como
diciamos ao principio, un libro con clase!
Ademáis, Marta e David
falaron da reunión do venres da Asociación de Amigos das Bibliotecas.
David fálanos da xuntanza da asociación para este venres |
Ao tempo, no club de lectura de Chapela, reuníronse este luns para comentar "La calle de las tiendas oscuras", escrita polo máis recente Premio Nobel, o francés Patrick Modiano. Gañadora do Premio Goncourt no 1978, constitúe unha novela de intriga na que a memoria e a busca da identidade marcan paradoxas e contradicións. Un libro que ten facil lectura pero que precisa de reflexión profunda e análise para transmitir todo o seu contido.
Marta se achegou á biblioteca e, xunto con Mercedes, falaron tamén aos membros do club da xuntanza da asociación neste venres.
No club de lectura de Chapela somos moi afortunados, pois Noelia, unha das nosas participantes, non é so afeccionada á lectura, senón que tamén o é á cociña. Desta volta, como xa ten feito noutras ocasións, preparounos a todos uns pinchos "gourmet" e tamén un biscoito de coco que fixeron gozar aos nosos padais.

Canapés de alta cociña, e mais un biscoito que... mmmmmm!!!!!, feitos por Noelia |
Grazas, Noelia, por adozar as nosas xuntanzas literarias |
No hay comentarios:
Publicar un comentario