martes, 3 de febrero de 2015

Contacontos de Entroido na Biblioteca de Chapela


O Luns de Entroido a Biblioteca de Chapela fará a súa festa carnavaleira coa rapazada de Chapela e arredores. Nenos e nenas de 4 a 10 anos, pais, nais e acompañantes, estades convidados a pasalo moi ben e a vir cos vosos disfraces para gozar de contos e historias que nos achegará a contadora Mª José Martínez.

Lembrámosvos que o Martes de Entroido pecha a biblioteca, pero o Luns é o momento para achegarvos a pasalo ben cos contos.

Luns 16 de Febreiro, ás 18:30 h.
Entrada libre ata completar aforo.
Publicar un comentario