Celebra o DÍA DE ROSALÍA coa Radio Municipal de Redondela e o SNL.
Para conmemorar
o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de
1837), os dous servizos súmanse á proposta da AELG (Asociación de Escritoras/es en
Lingua Galega) coa iniciativa “Eu son Rosalía“.
A vosa achega consistirá na gravación en Radio Redondela, entre os días 10 e 20 de febreiro,
de lecturas da obra rosaliana ou de opinións e impresións sobre a súa
obra, nas que cada persoa descubrirá con cal das múltiples “rosalías” e
con que sensibilidades da autora se sente máis identificada. Neste caso,
deberán comezar coa frase “Eu son Rosalía porque/cando/para…”, seguindo a iniciativa da AELG.
O horario para achegarse á emisora de Radio Redondela (situada no 2º
andar da Casa da Cultura) para facer as gravacións é de 13 a 14.30 h, e
de 17.30 a 19.00 h, de luns a venres.
As gravacións emitiranse durante a programación habitual de Radio Redondela na semana do 23 ao 27 de febreiro.
(Fonte, SNL Redondela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario