Este Mércores de Cinza os nosos aguerridos e aguerridas membros do club infantil de lectura se convertiron en auténticos piratas na busca dun tesouro.
O motivo de tal actividade de xogo no que é o seu último día de descanso polo Entroido, non era outro que a suxerencia que nos traía o libro "A escola dos piratas", do noso benquerido autor de Vilalba Agustín Fernández Paz, que leron os rapaces do club para esta sesión.
EQUIPO 1 - RAPACES
EQUIPO 2 - RAPAZAS
Os rapaces falaron tamén do libro, e puderon coñecer outras novelas do seu autor; e competiron por equipos para descobrir pistas que lles levasen a atopar o tesouro.
Ademáis, como valentes e afoutos homes e mulleres de mar, aprenderon a facer nós mariños, guiados por Leo:
A próxima xuntanza será de temática moi diferente. Coñecerán ao Barón de Munchäusen e as súas incribles e disparatadas aventuras. Será o mércores 18 de Marzo, ás 18:30 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario