No mes de Marzo, a Biblioteca de Chapela celebra un novo contacontos.
Desta vez será co grupo Xanela Ocio, que nos achegará contos ao revés, onde os papeis dos personaxes dos contos son transformados e alterados.
Fomentando a igualdade e o respecto, presentarannos historias trocadas, onde as bruxas son boas, os príncipes feos, e as princesas...
Xoves 26 de Marzo, ás 18:30 h.
Para rapaces e rapazas a partir de 5 anos.
Entrada libre ata completar aforamento.
A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario