lunes, 9 de marzo de 2015

Arredor de Ana Frank

Exitazo e acendido debate na primeira actividade organizada por a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, "Arredor de Ana Frank"
Os máis variados perfís e as máis diversas idades, déronse cita para compartir opinións sobre "El diario de Ana Frank" e, a partir deste, sobre os máis variados temas. 
A máis nova participante: 12 anos e un exemplo para os "maiores". E por suposto, sempre, a presenza dos libros, neste caso en torno á figura de Ana Frank e de todos aqueles que a rodearon. 
Colaboraron: Fundación Filomena Rivero Alonso e Bibliotecas de Redondela.
Publicar un comentario