viernes, 27 de marzo de 2015

Hoxe: xuntanza da Asociación de amigos das bibliotecas municipais de Redondela

Esta tarde, ás 20:00 h, terá lugar a segunda xuntanza da Asociación de amigos das bibliotecas municipais de Redondela.
Desta vez, a xuntanza farase no Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela, e o horario da mesma é ás 20:30 h.

A asociación ten xa un blog propio, e comezou a desenvolver actividades en Redondela, con boa resposta por parte do público. A máis reciente foi a súa colaboración para achegar á Asociación Astronómica pontevedresa Sirio a Redondela, para impartir a charla: "Pero que é isto da eclipse do sol?", celebrada a pasada semana na Casa da Cultura.
Agardamos que mañá a xuntanza aporte interesantes froitos, e que a asociación siga adiante coa súa actividade.
Publicar un comentario