sábado, 28 de marzo de 2015

Contos ao Revés... invertindo roles cos cativos na Biblioteca de Chapela

 
 Nesta semana tivemos moitos contos nas bibliotecas municipais. 

A Biblioteca de Chapela compartiu cos rapaces os Contos ao Revés de Xanela Ocio, onde os personaxes transformaron os seus roles de xénero ou de condición.

Tarzana e mais O lobiño carapuchiño foron as dúas propostas dos nosos contadores para divertir e provocar a reflexión no público asistente. 

Pais e rapaces gozaron desta experiencia en familia este xoves en Chapela, que a biblioteca pudo ofrecer grazas ao programa Ler conta moito, onde a Rede de Bibliotecas de Galicia cofinancia a actividade xunto coa Concellería de Cultura de Redondela.

Agradecemos a Mercedes e mais a Roberto as fotos e facernos un pequeno vídeo da actividade. Podedes velo aquí.


Publicar un comentario