Os clubs de lectura de Redondela celebrarán un encontro o próximo venres 13 de marzo con Carlos Vila Sexto. Escritor precoz, aos 13 anos publicou o seu primeiro libro en galego, Alén da aventura, que obtivo o primeiro premio de Narracións Xuvenís Rúa Nova, pronto chegaron Gárgola, co que repetiu galardón, e Cara á fin da luz. En 2009 retomou a súa faceta literaria con As sete mortes, título co que conquistou o premio Fray Martín Sarmiento ao mellor libro do 2011 para os escolares galegos de 3º e 4º da ESO. Creador e guionista xunto a Javier Holgado de series como Los Misterios de Laura (TVE), Motivos Personales, Acusados (Telecinco) e Un lugar en el mundo (Antena 3)
A reunión xirará en torno ao libro "Laura y el misterio de la isla de las Gaviotas" inspirado na serie Los misterios de Laura e escrito co seu colaborador, Javier Holgado .
Un agradecemento moi especial á Fundación Filomena Rivero Alonso que doou 20 exemplares desta obra aos clubs de lectura de Redondela. Grazas a súa colaboración podemos levar a cabo este encontro que tanta ilusión e interese está a suscitar entre todos os compoñentes dos clubs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario