lunes, 2 de marzo de 2015

Bebecontos na Biblioteca Municipal

O luns 16 de marzo , ás 18:00 h., desenvolveranse na Sala infantil da Biblioteca Municipal de Redondela “Os Contos do Chupete” con Migallas Teatro, unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

 "Os contos do Chupete" é unha actividade gratuíta, dirixida a bebés de 0 a 3 anos (inclusive). Os bebés acudirán sempre acompañados por unha persoa adulta. INSCRICIÓN PREVIA (prazas limitadas) na biblioteca municipal (tfno. 986 40 15 61) 

Esta actividade está integrada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia

Publicar un comentario