"...
Vigo dorme coas fiestras abertas á madrugada. A calor e o salitre en suspensión licúanse no meu pranto sen consolo.
Oito pisos máis abaixo, Ramón, papá, acaba de estampar a cabeza nas lastras do bulevar.
..."
Cando a presentación dunha obra remata cos asistentes desexando chegar a casa para poñerse a ler a obra é que esa presentación foi un rotundo éxito. Se a iso se engade unha reunión chea de amenidade, interese e magnífica compañía, solo quédanos dicir que o que vivimos onte con Fran P. Lorenzo, Manuel Bragado e "Cabalos e Lobos" foi un auténtico desfrute. Chapeau!
No hay comentarios:
Publicar un comentario