Chega Maio e na Biblioteca de Chapela imos ter un mes forte de actividades para cativos. E todo grazas ao alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela, que representará para nenos e nenas anos a súa proposta:
Trouleando cos contos
Trátase dunha serie de actividades, moi diferentes todas, onde se mezclan contos con xogos e algunha canción.
Serán 6 grupos de actividades, que terán lugar en tres días:
Os martes: 12, 19 e 26 de Maio, de 18:30 a 20:30.
A actividade precisa inscrición previa, e está dirixida a cativos de entre 3 e 6 anos.
Cada sesión é diferente, de xeito que os rapaces que queran se poden anotar para todas e cada unha das datas.
Anotade aos vosos cativos na biblioteca!
Cada sesión é diferente, de xeito que os rapaces que queran se poden anotar para todas e cada unha das datas.
- E tamén, non volo perdades!, "A cidade monstruosa", os venres 15 e 22 de Maio na Biblioteca de Chapela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario