sábado, 4 de abril de 2015

Don Quixote nas ondas, lectura radiofónica do Quixote no mes de abril en Redondela

 En 1615 publicouse a Segunda parte de Don Quixote. Miguel de Cervantes non tiña inicialmente a intención de publicar unha continuación da obra pero a aparición do Quixote de Alonso Fernández de Avellaneda impulsouno a crear a que para moitos é a mellor secuela da historia.

.
A  Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, a Radio Municipal e as bibliotecas,  queremos sumarnos a este  aniversario coa gravación e emisión  radiofónica de distintos fragmentos da obra que se emitirán ao longo do mes de abril, a partir do día 6,  na Radio Municipal de Redondela, de luns a venres, no programa matinal "A Estación" a partir das 11 da mañá e, dun modo continuado, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das 20:00 h.
Pero as verdadeiras protagonistas desta iniciativa son todas as persoas que puxeron a súa voz para dar vida a estas pasaxes e ás que os membros da asociación e colaboradores queremos agradecer a súa contribución,  sen a cal este proxecto non tivese sido posible


Publicar un comentario