viernes, 3 de abril de 2015

LIBREANDO, novo blog dos Amigos das Bibliotecas



 LIBREANDO, en palabras da Asociación "non é unha bitácora na que ir subindo novas –todas elas interesantísimas  ;) – senón un lugar de encontro de lectores, un espazo no que todos poidamos verter as nosas vehementes recomendacións e críticas descarnadas. 
Todos os meses faremos unha nova entrada na que poderedes atopar: "Redondela recomenda..." Un dos nosos veciños dará un título e unha razón pola que non deberiamos deixar de lelo. Aproveitamos para das as grazas ao noso flamante valente número un ¡¡¡Graciñas Pablo!!! 
Dúas recomendacións feitas desde a Asociación –vale, cun pouquiño de axuda ultra secreta– extraídas dos fondos das nosas dúas bibliotecas. 
Aí vos queda o enlace... ¡¡¡A ver que vos parece!!!!"
http://libreandoblog.blogspot.com.es/

No hay comentarios: