miércoles, 8 de abril de 2015

Triquetraque Traquetriqui... a maxia de Charo Pita cos rapaces de Chapela


Tiñamos moitas gañas, e por fin festexamos un contacontos para bebés na biblioteca de Chapela. Nenos e nenas de 0 a 3 anos compartiron connosco a maxia dos contos, das historias, dos sons, das cancións, dos movementos rítmicos... Cunha maga das emocións que é a inigualable Charo Pita.

Grazas a todos os cativos por gozar da biblioteca (moitos de vós, por primeira vez) e grazas aos vosos pais e nais por gozar convosco.


A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Publicar un comentario