Esta tarde tivo lugar na biblioteca de Chapela a segunda parte da actividade "A cidade monstruosa", coa que en dous venres consecutivos nos fixeron gozar Os Miúdos, grupo de alumnos do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Se a anterior xornada xiraba en torno aos monstros e á verbena festiva de monstros, nesta a protagonista foi a cidade, coas rúas, as tendas, os parques, as casas... e os cativos e maiores que viven nelas.
Bailar nas nubes, de Vanina Starkoff foi o conto que serviu de introducción. Despois os rapaces xogaron a deseñar cadansúa casa, e a pintar toda unha cidade nun mural.
Queremoslles dar as grazas a Os Miúdos, e agradecerlle tamén á súa profesora, Marina Mora, por permitirnos gozar na biblioteca das súas actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario