viernes, 22 de mayo de 2015

II Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra

Bibliotecas escolares de Vigo e Bisbarra danse cita o próximo 28 de maio en Castrelos para conmemorar a lectura e as Letras Galegas
Alumnos e profesores do CEIP O Pombal, CEIP Carrasqueira, IES O Castro, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Frian Teis e CEIP Ria de Vigo coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística de Vigo, a Biblioteca P.M. Xosé Neira Vilas e a Biblioteca P.M Valle-Inclán de Redondela e baixo a dirección de Antonio Fernández Costas do IES Carlos Casares, daranse cita no Parque de Castrelos a mañá do xoves 28 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Xosé Filgueira Valverde, a través de lecturas compartidas, recitados, cancións, etc.
Esta xornada que se realiza por segundo ano consecutivo baixo o slogan de II Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra, desenvolverase ao longo de catro horas, de 10:00 a 13:00 h., e contará coa actriz Paula Carballeira como presentadora no que pretende afianzarse como unha homenaxe anual ao libro, á lectura e á literatura galega.

Pica aquí para acceder ao facebook da actividade
A Quedada no 2014,  aquí

No hay comentarios: