martes, 12 de mayo de 2015

As películas e os seus libros... tamén na Biblioteca de Chapela

O centro de interese "As películas e os seus libros" tamén se pode gozar en Chapela. Suxerencias lectoras e de goce cinematográfico para todos os gustos, idades e públicos.


Na Biblioteca de Redondela este centro de interese xa ven de gozar de moito éxito. Na axencia de lectura de Chapela comprobaremos agora se as películas nos achegan ás obras literarias orixinais ou viceversa.

Ademáis de novelas e filmes, podemos ver tamén obras de teatro, poemas, cómics, series de televisión... Un pouco de todo. Porque a literatura e mais o cinema poden ir da man.

O préstamo destes documentos pode ser separado ou conxunto. Neste último caso, ambos os dous, libro + película, terán un prazo de préstamo de 15 días.


Publicar un comentario