Onte, martes, estivemos moi trouleiros. Cativos e cativas de Chapela se achegaron ao Multiusos do Piñeiral do Crego para gozar da primeira das sesións de Trouleando cos contos, actividade realizada polo alumnado de "Xogo" do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.
Gozamos de dúas representacións de contos, cada unha das cales ía acompañada de xogos moi variados para os máis pequenos.
- A aventura de Óscar, foi a primeira proposta, onde incidiron na concienciación sobre o lixo no medio ambiente.
- A selva ao revés, foi a segunda, onde xogaron cos alimentos frescos, as froitas e as verduras.
Os pequenos comezaron un pouco tímidos a achegarse ás propostas de xogos, pero pouco a pouco se foron animando a participar.
Toda a clase do módulo de "xogo" do ciclo formativo acudiu tamén á actividade para animar aos seus compañeiros que estaban a realizar a actividade.
Toda a clase do módulo de "xogo" do ciclo formativo acudiu tamén á actividade para animar aos seus compañeiros que estaban a realizar a actividade.
Agradecemos á profesora Cristina Pazos a proposta da actividade para compartir cos cativos da nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario