Este martes as xornadas de Trouleando cos contos, co alumnado do IES Chapela, tocaron ao seu fin. Mozos/as contadores e nenos/as espectadores gozaron xuntos desta despedida magnífica das actividades.
Nesta sesión os contadores nos achegaron dúas historias:
- A princesa que bocexaba a todas horas
- Rato de campo, rato de cidade
E con elas, xogos e actividades variadas coas que o pasamos todos moi ben, especialmente o s máis pequenos. Fixemos coroas con rolos de cartón, e torres de castelos, xogamos a pescar nunha fonte, a diferenciar os elementos da cidade e mais do campo e ao xogo de gatos e ratos.
Así como nas anteriores sesións, que fixemos ao longo deste mes:
- Sesión 1, cos contos: A aventura de Óscar, A selva ao revés
- Sesión 2, cos contos: A casa das campaíñas moradas, O espantallo
Botaremos moito de menos a estes magníficos e animados contadores, e agardamos poder repetir con este alumnado en futuros anos.
Dende aquí queremos darlle as grazas á súa profesora, Cristina Pazos Oya, por toda a súa axuda, e a xenerosidade con que nos brindan estas actividades.
Grazas a todos e ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario