viernes, 29 de mayo de 2015

A lista de desexos de cumpreanos, segundo o noso club infantil de lectura


Este mes lemos no club infantil de lectura o libro de Anna Manso Muné "La lista de cumpleaños". Nesta historia tan fermosa, a protagonista é convidada polos seus pais a facer unha lista de agasallos para o seu aniversario, pero na que ningún deles sexa unha cousa material.

Do mesmo xeito os nosos membros do club debuxaron o seu desexo non-material de cumpreanos, e resultou que a maioría deles son ben viaxeiros. Londres, Nova York e mais París foron os destinos máis desexados, ainda que houbo rapaces, como Xabi, que ben preferiron unha excursión ao monte... aquí ao ladiño.

E vós, qué anotariades na vosa lista?

No hay comentarios: