Este venres, 12 de Xuño, ás 20:00 h. no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela, terá lugar a presentación do libro "As aventuras dos golfiños".
Este libro é un proxecto que levaron a cabo dúas autoras de Redondela, vinculadas ambas ao mundo da educación infantil: Purificación Serrano Caviedes e mais Paula Gozalo. As ilustracións son obra de Purificación García.
Na mesma presentación se dará a coñecer o "Obradoiro para emocionarte", con orientacións pedagóxicas para mestres e pais, e unha cantiga, que forma parte da publicación.
Na publicación colabora o Departamento de Cultura do Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.
Estades todos convidados a coñecer esta obra e a gozar das aventuras mariñas dos golfiños e do noso patrimonio marítimo.
Os golfiños agardan por todos nós este venres en Chapela!
No hay comentarios:
Publicar un comentario