O pasado venres, 5 de xuño a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela ofrecéronnos unha nova sesión de libro-fórum.
Nesta ocasión, o punto de partida para a sesión era un texto que, ainda que moi breve, ten condensado moito contido para a reflexión e o debate. Tratábase do fragmento "O grande inquisidor", publicado dentro da novela "Os irmáns Karamazov" de Fiodor Dostoievski.
Deste xeito, a sesión de libro-fórum tivo moito contido filosófico e de debate entorno a relixión.
O profesor Pedro Bravo, profesor de filosofía
do IES Sabón de Arteixo, se encargou de dirixir o coloquio, previa presentación do tema de Jerónimo Pomares, coordinador dos clubs de lectura. Jerónimo acompañou a presentación cun simpático vídeo para ilustrarnos a Rusia do tempo de Dostoievski.
Aledámonos porque a actividade tivo moita participación, e porque deu para falar de moitísimos temas: liberdade, ética, espiritualidade, crenzas relixiosas, racionalismo...
Agardamos e animamos a Asociación de amigos das bibliotecas que sega a propoñer estas actividades tan enriquecedoras.
Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario