lunes, 1 de junio de 2015

Grazas biblioteca do CEIP Laredo!

Nestes días a biblioteca do CEIP Laredo ven de recibir un pequeno agasallo de parte das bibliotecas municipais.

Se trata dun grande lote de libros, que lles enviamos dende as nosas bibliotecas por participaren na nosa exposición "A túa biblioteca imaxinada".

Esta exposición parte dunha proposta que fixemos como concurso de debuxo, e coa que festexamos o 10º Aniversario da Biblioteca de Chapela. Agradecemos moito a Carmen, a bibliotecaria do centro, e a todo o alumnado por participar como centro, mandándonos máis de cen debuxos.

Nesta semana poderedes aínda ver estes debuxos na sala de exposicións do Multiusos de Chapela.


Publicar un comentario