lunes, 10 de agosto de 2015

"Aventuras na cociña": contacontos de verán na Biblioteca de Redondela

Neste verán as bibliotecas non estamos quietas! Despois de propoñervos moitas actividades nas redes sociais, achegámosvos aquí unha proposta contaconteira para rapaces e rapazas de entre 4 e 8 anos.

Trinke Trinke, a compañía de ratos bibliotecarios máis divertida de Galicia achégase á Biblioteca de Redondela o Xoves 20 de Agosto, para contarnos sabrosos contos e historias apetitosas.

Será o Xoves 20 de Agosto, ás 12:00 h., na Sala Infantil
Entrada libre e de balde. 


A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: