...e gaña un lote de libros! Só tes que seguir as 10 pistas e adiviñar o personaxe (real ou ficticio) que esconden.
Durante varias semanas iremos desvelando pistas sobre un PERSONAXE MISTERIOSO, famoso como poucos no mundo da literatura.
Abaixo explicámosche como participar.
AS BASES:
O concurso iniciarase este luns, 3 de agosto, e rematará o venres 11 de
setembro, con dúas pistas por semana (luns e mércores) a excepción da
primeira e da última nas que se dará unha única pista (o luns) que
conducirán a ese personaxe. Ainda que respondades, non diremos se
acertáchedes ou non ata que remate o concurso.
O martes 15 de setembro desvelaremos a resposta e o gañador e explicaremos cada unha das dez pistas.
O primeiro concursante en darnos a resposta correcta levará o premio:
un lote de libros composto polo libro ilustrado "El viaje de Shackleton" da editorial Impedimenta, a novela "María Bonita" de Ignacio Martínez de Pisón e a novela "La voz dormida" de Dulce Chacón.
As pistas e mais as respostas irán adxuntas nunha nota que abriremos na
nosa PÁXINA de Facebook este luns día 3. Só se admite unha resposta ao
día por cada persoa.
Moita sorte!
VELAQUÍ A NOTA COAS PISTAS DO CONCURSO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario