Desde a Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela anuncian
unha nova actividade que, baixo o lema “Funestos espellos. Borges e os
espellos da memoria”, se desenvolverá o venres 4 de setembro, ás 20:30
horas, na Casa da Cultura de Redondela (Praza de Figueroa).
Trátase dun parladoiro, dirixido por Roberto Lago Fernández (Licenciado
en Filosofía pola Universidade de Salamanca) e moderado polo coordinador
dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, Jerónimo Pomares; que xirará en torno ao relato de Jorge Luis Borges Funes el memorioso.
O conto de J. L. Borges co que imos traballar será: Funes el memorioso.
É importante ler, a se posíbel máis dunha vez, o texto para aproveitar ao máximo o debate. Podedes solicitalo (formato .pdf) no correo amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou recollelo en papel nas dependencias da biblioteca municipal.
Tamén achegamos un enlace á entrada no blog da asociación relativa ao evento e o cartel anunciador do mesmo por se vos animades a compartilo.
http://amigosbibliotecasmunicipaisredondela.blogspot.com.es
A inscrición na actividade non é estritamente necesaria, mais, para contar cunha previsión de asistencia á mesma, agradeceriamos confirmarades a vosa intención de asistir no correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com
ou na Biblioteca Municipal de Redondela (986 401 561)

No hay comentarios:
Publicar un comentario