viernes, 4 de septiembre de 2015

"O Príncipe Predestinado"... o Antigo Exipto chega á biblioteca de Chapela nunha actividade para a rapazada


Se tedes entre 8 e 12 anos e vos apetece coñecer un pouco máis sobre o Antigo Exipto, anotádevos na nosa actividade.

Eugenia Muñoz será a nosa guía nesta viaxe polas exóticas e míticas terras do Nilo. Coñeceremos moitas cousas sobre a súa cultura, a súa mitoloxía e, especialmente, sobre a escrita xeroglífica.

A actividade terá lugar o Xoves 24 de Setembro, ás 18:30 h. Para participar é preciso inscribirse na biblioteca.


As inscricións poden facerse:
- Na biblioteca: de luns a venres, de 16:30 a 21:00 h.
- Por teléfono: 986-454-226, no mesmo horario.
- Por correo-electrónico: bibliotecachapela@redondela.es

A actividade realízase co apoio do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: