jueves, 17 de septiembre de 2015

A nosa compañeira Mª José, cooperante nunha biblioteca municipal de Cabo Verde

A nosa compañeira Mª José, bibliotecaria na Axencia municipal de lectura de Chapela, estará este vindeiro mes de outubro colaborando nunha biblioteca de.... 



A súa estadía alí se debe á súa participación en "Vacacións con Traballo", un programa de sensibilización e mais de cooperación técnica que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ven desenvolvendo nestes últimos dez anos.

Cada ano, técnicos municipais de diferentes áreas e especialidades, dentro de aquelas entidades pertencentes ao Fondo Galego de Cooperación, se veñen desprazando, grazas a este programa, cara aos lugares onde o fondo está a desenrolar actividades de apoio ao desenvolvemento. Para participar, os candidatos preséntanse nunha convocatoria e pasan despois por unha selección, onde se valoran tanto os seus currículos como a súa adaptación ás necesidades da entidade que os vai acoller. No Sur o seu traballo encádrase dentro do ámbito local, ben directamente nas cámaras municipais ou ben a través de ONGDs locais.


A novidade, e o que nos parece moi ilusionante ás bibliotecas, é que esta é a primeira vez que unha das actividades de cooperación técnica de Vacacións con traballo se desenvolve no eido da biblioteca municipal.

A nosa compañeira Mª José, xa está en contacto cos responsables de cooperación da Cámara municipal de Santa Cruz, na illa caboverdiana de Santiago. Alí colaborará na posta en marcha dunha base de datos para o catálogo desta biblioteca, e asemade, aportará o seu gran de area no desenvolvemento de actividades por parte do centro e, claro!, en calquera outra cousa que poda xurdir.

Mª José ten previsto visitar o Instituto da Biblioteca Nacional e do Livro de Cabo Verde, principal biblioteca do país, con cuxos técnicos terá unha entrevista.

Para preparar esta viaxe a nosa compañeira está poñéndose en contacto con diferentes entidades, como o Instituto Português do Livro e das Bibliotecas, Biblioteca Nacional portuguesa, ou Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura de España. Asimesmo está a recibir o apoio técnico, e tamén moral, que fai moita falta, dos compañeiros de asociacións bibliotecarias da nosa comunidade, como BAMAD Galicia ou a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia e, como non, a dos seus compañeiros da biblioteca!

Desexámoslle moita sorte!

Doutra banda, sinalamos que Mª José non se despraza soa a Cabo Verde, xa  que con ela van outros compañeiros, a realizar diferentes labores dentro deste programa:
- Ana Ferradáns, axente de emprego do Concello de A Estrada, que se despraza á mesma cámara municipal de Santa Cruz.


- Rubén López, técnico de administración financieira do Concello de A Pobra do Caramiñal e
- Ana Piñeiro, arquitecta do Concello de Rianxo.
Estes dous últimos colaborarán coa Cámara Municipal de Ribeira Grande, na mesma illa de Santiago.


Pola súa banda, outro grupo de traballadoras muncipais se trasladarán a Nicaragua para colaborar coa ONGD Instituto de Promoción Humana-Somoto. 
Belén Gómez, traballadora social do Concello de Monforte de Lemos, Serezabel Rodríguez técnica de integracióndo Concello de Bergondo, e mais Mónica Mourín, e traballadora social deste mesmo concello, que se financia o viaxe e mais a estadía de motu propio, e non dentro das prazas convocadas no programa.
 
Todas e todos eles/as aproveitarán ademais a estadía para supervisar os últimos proxectos de cooperación internacional impulsados polo Fondo Galego. En Nicaragua a prol do turismo sostible e do acceso á auga potable, e en Cabo Verde, para dinamizar a agricultura no municipio de Santa Cruz a través do rego por goteo e para fortalecer unha cooperativa de artesás en Ribeira Grande.

No entanto, Vacacións con Traballo ten sobre todo unha finalidade de sensibilización, xa que as e os profesionais participantes intercambian experiencias, toman conciencia das desigualdades e se converten en axentes da transformación social cara actitudes solidarias. As súas vivencias compártenas desde terreo a través dun blog. Poderedes seguilos en: https://vacacionscontraballo.wordpress.com.
Sobre este proxecto de vacacións con traballo, a nosa compañeira e os demáis participantes, xunto cos partícipes doutras edicións desta singular experiencia xuntáronse este verán no Encontro Vacacións Con Traballo 2006-2015, do que podedes ver aquí un pequeno resumo en vídeo, emitido na RTVG.


O Concello de Redondela e o Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Nesta última lexislatura Redondela ocupou a presidencia do fondo, sendo a concelleira Mª Teresa París a presidenta do mesmo. A nova comisión executiva do fondo constituirase a finais de Setembro, onde Redondela pasará a ocupar a vicepresidencia
Doutra banda, a nosa compañeira Mª José é dende este verán a técnico responsable do fondo galego no Concello de Redondela. Asimesmo é a primeira traballadora do noso concello en participar no programa Vacacións con Traballo.

+INFO na WEB DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN

No hay comentarios: