Si! é ela! a solución ao noso concurso "Adiviña de que personaxe falamos" e figura enigmática onde as haxa, a inigualable Agatha Christie!!!
Fotografía coa entrega do premio do concurso "Adiviña de que personaxe falamos" |
Rosa Encinas, en representación de Marta Rodríguez, gañadora do concurso, recolle o premio |
(ilustración de fondo de Xulio Formoso: Agatha Christie con Poirot)
Aquí deixámosvos as solucións ás pistas que, semana tras semana, fixéronnos ejecitar as "células grises"
Velaquí podedes curiosear en todas as respostas que se deron no noso concurso.
Aquí deixámosvos as solucións ás pistas que, semana tras semana, fixéronnos ejecitar as "células grises"
Velaquí podedes curiosear en todas as respostas que se deron no noso concurso.
PISTAS E SOLUCIÓNS
1. Todo empezou por unha aposta. - Coa súa irmá Madge, que a retou a escribir unha novela policial.
2. Unha historia súa deu lugar a unha vidriera nova.
- Doou os dereitos dun relato para que se fixese unha vidriera na
igrexa de Santa María, en Churston Ferrers, Devon, Inglaterra.
3. Viaxar é moi perigoso. - Moitas das novelas presentan crimes lonxe de 'casa': nun tren, nun crucero, nun avión,...
4. Ou seu primeiro recordo é de pastel e araña. - Cóntao na súa biografía. Era a tarta do seu terceiro aniversario, e a araña era vermella.
5. Os veraniños, en Mallorca. - De feito, hai un relato, "Problema en Pollensa", 1935, en que toma a illa de fondo.
6. Un pequeno pobo pode ser o mundo. - St. Mary Mead, a localidade de Jane Marple, onde a astuta anciá atopa inspiración para resolver os casos.
7. A caza do ratón dura xa 63 anos. -
A obra de teatro "La ratonera", The Mousetrap, leva desde 1952
representándose interrumpidamente en Londres. Curiosamente, a súa orixe
foi un guión para a radio.
8. O seu personaxe máis popular é un bigotudo. - Hércules Poirot, sempre preocupado polo aspecto do seu elaborado mostacho.
9. Atopou un cadáver na biblioteca. - En 1942, así titulou un dos seus libros.
10. A novela de misterio máis vendida da historia é súa. - "Diez negritos", con cen millóns de copias.
E todo isto porque somos "fans superlativos" de dona Agatha e desta forma quixemos renderlle homenaxe na conmemoración do seu 125 aniversario.
Agatha Christie naceu en Torquay o 15 de setembro de 1890, no corazón da Riviera inglesa.
Revolucionou a novela de suspense e
policíaca no
século XX. «Diez negritos», unha das súas obras insignia, entra na
reservada e exclusiva lista dos dez libros máis vendidos de toda a
historia. Nai de Hercule Poirot e Miss Marple, os dous detectives principais que aparecen nos seus textos, Christie
tamén deixou un legado impagable, pero moito menos coñecido, no teatro.
Tanto é así, que a súa obra «La Ratonera» é a que máis tempo permaneceu
sobre un escenario, cumpríndose este ano o 63 dende que comezara,
representándose máis de 25.000 veces.
Literary Greats Paper Dolls |
No hay comentarios:
Publicar un comentario