lunes, 7 de septiembre de 2015

Club Infantil de Lectura... poñémonos en marcha!

Dende hoxe abrimos a inscrición para os rapaces e rapazas que estén interesados en participar no club infantil de lectura. 

Se tedes entre 8 e 12 anos e vos gusta ler, podedes formar parte do noso grupo nesta tempada.

Xuntarémonos un mércores ao mes, en horario de 6:30 a 7:30 p.m. (para cada xuntanza, avisámosvos antes o día en que vai ter lugar).

Levaredes o libro para ler na casa, mais á volta, xuntarédesvos no club para falar del e para facer moitas actividades divertidas.

Leo Leíño é a coordinadora do club, e con ela seguiredes a pasalo moi ben.



Publicar un comentario