viernes, 11 de septiembre de 2015

"A ciencia é divertida" contacontos-obradoiro para cativos na Biblioteca de Redondela

O venres 2 de outubro, na Sala Infantil da biblioteca municipal de Redondela,   divertirémonos moito cunha  interesante actividade que mestura os contos coa ciencia. " A Ciencia é divertida" e  unha actividade apaixoante para introducirl aos máis cativos o interese por a explicación científica ao que nos rodea.
 "Nos primeiros anos de vida movénos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e nos nenos e as nenas aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar!"
  

Este conto-obradoiro farase en dúas sesións, tendo en conta a idade dos participantes:
- A primeira, de 18:00 a 18:45 h., para cativos de 2 a 3 anos.
- A segunda, de 19:00 a 19:50 h., para cativos de 4 a 6 anos.


A actividade é gratuita, pero precisa inscrición previa na biblioteca (986 40 15 61) porque as prazas son limitadas. 


O obradoiro desenvolverao Nita (Ana Romero) dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

No hay comentarios: