miércoles, 30 de septiembre de 2015

Fotografía gañadora do noso concurso "Unha viaxe, unha biblioteca"


Durante os meses deste verán que ven de rematar, propoxuémoslles aos nosos lectores que nos enviaran fotografías das bibliotecas que visitaran nos seus lugares de lecer e vacacións. Todas elas participaron no concurso "Unha viaxe, unha biblioteca", co que lanzamos ás bibliotecas municipais na rede social INSTAGRAM.

Podedes ver as fotografías aquí, ou na propia plataforma Instagram, co hashtag #viaxebiblioteca.

O prazo para enviar as fotografías rematou o pasado 15 de Setembro. Nestes dúas o xurado, formado polos  membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, deliberou para decidir a fotografía gañadora. 

E xa coñecemos a instantánea vencedora deste certame fotobibliotecario! Podedes vela aquí:

A fotografía foi tomada na biblioteca de Arucas (Gran Canaria), e nola enviou Susi, de Radio Redondela.

Felicidades á gañadora! Nestes días poderá pasar pola Biblioteca Municipal de Redondela para recoller o seu premio.

Parabéns, e grazas, de novo, a todos e todas os que nos mandáchedes imaxes de bibliotecas fabulosas, da nosa contorna, de toda a xeografía española e, tamén, do extranxeiro. Mandámoslle o noso máis cariñoso recordo a todas esas institucións, aos seus traballadores e á comunidade de usuarios que lles dan uso e lles dan vida.


No hay comentarios: