... E chegou a xornada de partida!
Como xa vos contamos, a nosa compañeira Mª José, da Biblioteca de Chapela, parte hoxe, comezo de Outubro, cara Cabo Verde, para participar no programa Vacacións con Traballo, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Mª José vai estar este mes traballando na biblioteca da Cámara municipal de Santa Cruz, na illa de Santiago.
Dende aquí mandamos o noso agarimo á biblioteca que vai acoller á nosa compañeira.
A directora da biblioteca, Elena Becerra, e mais os seus compañeiros Cote Reboredo, Ramón, Andrés... e ata Leolo! se despiden ata súa volta, desexándolle que teña unha experiencia moi interesante.
A súa primeira anotación neste blog xa está publicada. Alédanos ver que, como non podía ser doutro xeito, nela se lembra de todos nós ;-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario