A escribir!!! É o que nos propoñen desde a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, coa guía maxistral de Miguel Ángel Alonso Diz. Este escritor e tradutor ofrecerá un obradoiro de escritura creativa, no que tamén se coñecerán os diferentes aspectos do mundo da edición.
A data da actividade é o mércores 2 de decembro, no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela).
Atención amigos!! Lamentabelmente as prazas son limitadas, polo que é importante reservar. Podedes facelo nas instalacións da B.P.M. “Valle-Inclán” de Redondela, da Axencia Municipal de Lectura de Chapela ou no correo da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario