A nosa compañeira María José Villar, está a finalizar a súa estadía en Cabo Verde, onde
leva un mes colaborando na biblioteca da Cámara Municipal de Santa
Cruz.
As súas impresións son moi positivas sobre o traballo
que ven desenvolvendo, así como sobre o potencial que teñen as bibliotecas
públicas no contexto social deste país africano: "A miña estadía en Cabo Verde
está a ser unha experiencia moi viva e intensa, un auténtico banco de probas
para a aprendizaxe no eido das bibliotecas públicas, e toda unha oportunidade
para aportar o meu gran de area a favor destas institucións, nun lugar onde
puden comprobar que son moi necesarias".
A satisfacción se transmite a
través das súas palabras, xa que a experiencia está a ser moi enriquecedora no
punto de vista profesional: "Profesionalmente é un privilexio poder levar os
meus coñecementos a outro contexto, aprender nel e, sendo eu a que lle estou
dando formación a outras persoas, gozar dos resultados ao ver o seu progreso",
mais tamén no persoal: "Constitúe unha vivencia única. Marabíllame cada día a
fermosura da paisaxe caboverdiana, e tamén a incrible amabilidade do carácter
das persoas que vou coñecendo e mais daquelas coas que me atopo cada día.
Sorpréndeme atopar unha terra tan diferente, con xeitos de vida tan distantes
dos nosos pero, ao tempo, con tanto en común coa nosa cultura".
Nas súas impresións destaca tamén o seu agradecemento a
aquelas persoas e equipos que a están a axudar nesta experiencia: "Sinto
moita gratitude hacia o persoal da cámara municipal de Santa Cruz, tanto aos
seus técnicos como os seus dirixentes, pero tamén a todas as persoas que estou a
coñecer, tanto no ámbito do traballo como no lecer. Mais tamén estou moi
agradecida a todos os meus compañeiros das bibliotecas galegas que me están a
apoiar e a prestar a súa axuda dende a distancia".
Mª José achéganos algunhas fotografías deste mes de
traballo:
|
-Equipo de traballo na biblioteca
municipal, con Amandio, bibliotecario municipal de Santa Cruz, e mais con
Izilda, bibliotecaria do Liceu (Instituto de Secundaria). |
|
Na biblioteca da Cámara Municipal de
Santa Cruz. |
|
Co bibliotecario da cámara,
reordenando os fondos. |
|
Recibimento do presidente da Cámara, Carlos Alberto Gonçalves,
aos libros doados polas Bibliotecas de Redondela |
|
Recepción na Cámara Municipal ás cooperantes españolas |
|
No Día Nacional da Cultura, dentro do
concurso de poesía organizado pola cámara municipal |
|
Visita aos terreos de Boqueirâo -
Ribeira dos Picos, onde o Fondo Galego de Cooperación financiou o sistema de
rego por goteo |
|
Visita ao xardín de infancia Covâo
Sánches, financiado polo Fondo Galego de Cooperación |
|
Visita á escola de primaria Polo |
|
Visita á biblioteca do liceu, co
director e mais a xefa de estudos do mesmo |
Enlace ao blog Vacacións con Traballo, onde os técnicos nos
achegan as súas experiencias en Cabo Verde e mais en Nicaragua:
Sobre o traballo da nosa compañeira na biblioteca:
No hay comentarios:
Publicar un comentario