Este venres, ás 20:00 h. no Auditorio do Multiusos da  Xunqueira
No marco do IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con barqueira e remador" desfrutaremos das obra e das voces dos poetas Sholeh Wolpé (Irán), Tal Nitzán(Israel), Yasuhiro Yotsumoto (Japón), Nikola Madzirov(República de Macedonia), Estíbaliz Espinosa (Galicia), Josep M. Rodríguez(Cataluña) e Ostap Slyvynsky(Ucrania)
 Accede aquí ao programa da actividade e a biografía dos participantes
A cuarta edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética 
vólvese celebrar durante unha semana na illa de San Simón, ata o 24 de 
outubro, logo de tres exitosas edicións que tiveron lugar en datas 
semellantes de 2012, 2013 e 2014. Aloxado e inspirado na illa de San 
Simón, o VI Obradoiro internacional de tradución poética "Con barqueira e
 remador"  é unha iniciativa pioneira no noso país aínda que concibida a
 semellanza de outras moitas que se celebran no mundo, e que xa se está a
 converter nunha cita anual do outono en Galicia.
|  | 
| Yolanda Castaño e Xosé Leal, na presentación en Pontevedra | 
Un traballo 
intensivo, presencial e recíproco de intercambio entre linguas e 
poéticas coordinado por Yolanda Castaño. Nesta edición conta con actos 
abertos ao público e gratuitos. Este recital poético é un deles, en 
colaboración co Concello de Redondela.
Trátase da mellor mostra 
tanto do traballo poético dos autores/as participantes en Con barqueira e
 remador coma do labor de tradución (ao galego) durante o proxecto.
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario