Aggggh! Asustámonos mutuamente. Eu ía 
polo corredor e ela, a primeira pantasma desta tempada, lía plácidamente
 apoiada no taboleiro de anuncios. O libro collerao dun andel da 
biblioteca como ben facía ver o tejuelo do mesmo. Ignoreina,  
permitiendolle así continuar lendo tranquilamente.
 Día 21
Hoxe máis!!!!
A bibliotecaria entra amodiño despois do susto de onte....Cheas de 
pantasmas rodean hoxe, tamén,  o taboleiro pero o motivo queda desvelado: queren 
ser as primeiras en felicitar á biblioteca pola efeméride do día 24 e...
...en plan 
"resabidillo" regálannos coas súas voces de ultratumba fermosas frases de eloxio 
aos libros e ás bibliotecas
 




No hay comentarios:
Publicar un comentario