martes, 27 de octubre de 2015

Toleando cos contos no Día da Biblioteca

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero… ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou.

E con todo, todiño, divertímonos unha chea na Axencia de Lectura Municipal de Chapela, conmemorando o Día da Biblioteca con Carme Domech e o seu Contacontos de libros contentos 

No hay comentarios: