martes, 17 de noviembre de 2015

Obradoiro de Nadal na Biblioteca Municipal de Redondela

A Biblioteca Municipal de Redondela, en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso, organiza un Obradoiro de Nadal para nenos de 6 a 9 anos.
  Un taller de adornos para árbores de Nadal constitúe o programa do obradoiro que está dirixido a nenos de 6 a 9 anos e  terá lugar na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán (Multiusos da Xunqueira) o mércores 9 de decembro ás 18:00 h. 
A actividade é gratuíta e as prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa nas dependencias da biblioteca ou no teléfono da mesma (986 40 15 61).

Publicar un comentario