viernes, 13 de noviembre de 2015

María Antonia no seu bibliobus


  Nunha entrada pasada neste blog falamos da campaña #vivalabiblio na que  os lectores manifestaban o seu amor á súa biblioteca. A campaña consistiu no envío por parte dos usuarios das bibliotecas públicas españolas dun tuit expresando a súa satisfacción no uso das bibliotecas que cada un utiliza de forma habitual.
 
     Aquí, na biblioteca, fíxonos moita ilusión esta homenaxe pois tivemos a sorte de coñecer a María Antonia nun curso organizado pola Universidade de Verán Menéndez Pelayo. É unha persoa encantadora e namorada do seu traballo. De cando en vez envíanos os seus queridos bibliobuses para que nas bibliotecas de Redondela teñámolos moi presentes. Así o facemos,  compañeira.

 
             Noraboa, María Antonia e adiante co teu fantástico labor!

No hay comentarios: