viernes, 4 de diciembre de 2015

Dándolle voltas ás palabras... primeiro obradoiro literario das bibliotecas municipais, con Miguel Ángel Alonso Diz


Participantes do taller literario, na foto final do encontro


Esta semana a biblioteca de Chapela acolleu o seu primeiro taller de creación literaria para adultos, actividade que pudemos realizar grazas á colaboración da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.

 
O noso mestre de cerimonias, animador, e profesor da sesión foi nada menos que un vello amigo, xa, das nosas bibliotecas, Miguel Ángel Alonso Diz. O poeta soubo recoller e conducir a inspiración dun grupo de persoas moi motivadas para iniciarse na escrita.

Miguel Ángel nos falou da súa experiencia persoal como poeta, como escritor de libro infantil, como autor de relato e noutros ámbitos nos que traballa, e aconsellounos escribir moito, sen medo, e marcarnos rutinas diarias adicadas a escribir, para coller soltura.

Ademáis, fixemos prácticas, escribindo breves intervencións sobre algunhas das súas propostas.

O escritor afirma no seu Facebook telo pasado moi ben con nós. Nós, dende logo, o pasamos fenomenal... e o tempo se foi voando!

Seremos quen de repetir?


Agardamos poder facer outra, porque todos temos moitas gañas. Quen sabe? Ao mellor temos un futuro premio Xerais ou Pulitzer na nosa contorna... ou non. Mais non importa, porque o interesante desta actividade non é atopar a un xenio redondelano da escrita, senon potenciar que diferentes persoas aprendan xuntas e, sobre todo, que gocen de escribir.


Moitas grazas, Miguel Ángel, e moitas grazas á Asociación de Amigos por esta bonita experiencia. Gústanos ver en todos vós esas gañas de escribir.

No hay comentarios: