Neste mes limos no club infantil de lectura "O poder de Amabel", da escritora coruñesa Erica Esmorís.
Un interesante libro co que xogar cos nosos superpoderes imaxinarios (cal sería o que nos gustaría ter?) e descubrir os nosos superpoderes, poderes ou cualidades reais, que desas sí que temos moitas.
Grazas, Érica Esmorís, por tan fermosa historia. Agardamos que todos os personaxes desta novela sigan a ser sempre tan maravillosos, mais tamén agardamos que as mozas e as mulleres que saen nela sexan quen de escoller os seus camiños na vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario