jueves, 10 de diciembre de 2015

Neste Nadal... vide a coñecer o noso club infantil de lectura, na Biblioteca de Chapela


Este Nadal estades todos e todas convidados a coñecer o Club Infantil de Lectura. Trátase dun grupo de rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos que comparten a lectura mensual dun libro, e sobre o que fan moitas actividades e xogos aquí, na biblioteca de Chapela.

O mércores, 16 de Decembro, ás 18:30 h., na Biblioteca de Chapela podedes vir a gozar dos contos e da maxia con Leo Leíño,  que ademáis de conteira e maga, é a nosa flamante coordinadora do club. 

Achegarédesvos aos libros dun xeito moi divertido, como nunca antes fixerades. E, se vos gusta, podédevos apuntar para o club!

Pais nais e familia tamén podedes vir a esta sesión tan especial. Poderdes tamén coñecer a outros membros que xa forman parte do noso club.

Benvidos e a gozar dun Nadal máxico!

Publicar un comentario