Nenos, e non tan nenos, gozamos o pasado mércores dunha tarde pre-Nadal chea de sorpresas: xunto ao obradoiro de elementos decorativos para a árbore impartido por Leonor "Leo Leiño" e Cristina Rodriguez Castro, houbo, tamén, unha oportunidade para a máxia e moitos momentos para o encantamento da emisión televisiva coa presenza dos reporteiros do programa da TVG "O que pasa aquí" que emitiron en directo desde a sala infantil da biblioteca. Unha tarde inesquecible!
A fotografía final en grupo |
Nesta ligazón, podedes ver o programa. Indicámosvos entre paréntese os dous momentos que tedes que buscar para ver unicamente o referente ao Obradoiro de Nadal:
E nestoutra podedes ver todas as fotografías:
As fotografías do obradoiro
Un dos momentos co equipo de emisión |
Moitas grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso pola que puidemos gozar desta actividade
No hay comentarios:
Publicar un comentario