viernes, 18 de diciembre de 2015

Temos moito conto! Retransmisión radiofónica conmemorativa

As Bibliotecas de Redondela en colaboración con Radio Redondela conmemoran o centenario do pasamento do editor Saturnino Calleja (1915-2015) cunha retransmisión extraordinaria, nestas datas de Nadal, de tres dos seus contos: Los favoritos del Sultán, Las tres preguntas e El acertijo , que se emitirán no programa matinal A Estación os días 23 e 30 de decembro e 7 de xaneiro.

Posteriormente a estas datas os contos poderán escoitarse, en calquera momento, a través da web de Radio Redondela e  do blogue das bibliotecas.

Ilustración, "La familia de Antoñito" 
("Pelusa" de Luis Coloma, Casa Editorial Saturnino Calleja Fernández)

 Esta actividade vén complementar a homenaxe que, a través da mostra bibliográfica "Temos moito conto!",  están a realizar as bibliotecas de Redondela con motivo dos aniversarios do escritor Luís Coloma, autor do conto do Rato Pérez, de Saturnino Calleja, editor, entre outras moitas obras, dos famosos Contos de Calleja  e de Alicia no País das Marabillas que celebra neste ano os 150 da súa publicación.

No hay comentarios: