A obra teatral "Los justos", de Albert Camus serviu para festexar a última xuntanza do club de lectura. Texto curto pero intenso, que recolle un feito real ambientado na pre-revolución rusa, contrapón as dúas ideas da revolución ou da loita:
- A dura: o fin xustifica calquera medio que se empregue.
- A idealista e soñadora: hai límites éticos no momento de posicionarse nunha revolución.
Sobra dicir que esta obra, tan intensa, tan esencial nos seus plantexamentos, deu para contrapoñer moitos pareceres. Sobra dicir que a temática do terrorismo no que se move a obra, está máis de actualidade que nunca.
Aproveitamos aquí para agradecer de novo ao membro dos nosos clubs de lectura que nos doou estes exemplares ás bibliotecas.
Tamén houbo espazo para un pequeno agarimo á nosa compañeira Noelia, á que lle agradecimos os seus detalles gastronómicos cos que nos ten homenaxeado nunha xuntanza e noutra tamén....
E por último... como é Nadal, a reunión non foi só falar, senón que deu para compartir doces deliciosos, traídos polos compoñentes do club, e degustar os produtos culinarios excelentes dos máis expertos na cociña. E, como non, para brindar por un 2016 cheo de esperanza, goces literarios e bos momentos compartidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario