lunes, 11 de enero de 2016

Os usuarios escollen os mellores libros do ano 2015

As bibliotecas públicas celebramos hoxe o Día do Usuario con diversas actividades. 

As bibliotecas de ámbito central territorial e as de Galicia promoven o 11 de xaneiro unha programación especial para celebrar esta data, que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2016. 

As bibliotecas de Redondela aproveitamos a efeméride para dar a coñecer o resultado das votacións dos nosos usuarios para escoller o seu libro preferido do ano 2015. 

 Na Biblioteca Municipal de Redondela, os usuarios adultos destacaron a novela "El crimen de Orcival"  e os infantís "Futbolísimos".

Na Axencia de Lectura Municipal (Chapela) os lectores adultos escolleron como o seu libro preferido "Sumisión" e os rapaces "Vic e Bombona".

Entre todos os que participaron na votación sortearase un exemplar dos libros recoñecidos.

 Pero, ademais dos gañadores, hai outros libros que os nosos usuarios distinguiron cos seus votos: El amante japonés, Una pasión rusa, Ofrenda a la tormenta, Un refugio en Katmandú, La chica del tren,  La muerte juega a los dados, La chica inglesa, etc, etc

No hay comentarios: